AS BOMBAS E O XENERAL
Ficha artística
- Elenco: Eduardo Cunha “Tatán” , Miguel Borines e Andrés Giráldez
- Construción de marionetas e escenografía: Pablo Giráldez “Pastor“ e TANXARINA.
- Adaptación e Dirección: Cándido Pazó
- Música: Paco Barreiro Efectos de son: Manuel Pombal
- Atrezo e vestiario de actores: Carlos Alonso e Concha González
- Deseño do cartel e programas: Pablo Giráldez “Pastor“
- Produción: TANXARINA
- Técnica: Siluetas animadas y actores.
- Duración: 40 minutos.
- Público: + 5 anos
- Espazo: Interior e exterior
- Aforo : 300 espectadores máximo
Sinopse
“As bombas e o xeneral” é un espectáculo onde recreamos con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O Xeneral verá frustradas as súas intencións.
Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos devastadores dun combate miitar.