
Trogloditas
Premio MARÍA CASARES
María Casares ó mellor vestiario e maquillaxe
SINOPSE
Tres trogloditas invítannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria. A cova, onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Unha insólita función onde da man dos títeres e as súas habilidades máis primitivas, imos coñecer a forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación. Unha orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía que farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento
Trogloditas Un espectáculo no que os actores protagonistas conseguen trasladar o espectador até a Prehistoria, cun humor que roza o absurdo, grazas a unha lograda ambientación, un vestiario impactante a cargo de Carlos Alonso e unha orixinal linguaxe.
FICHA ARTÍSTICA
Actores – Manipuladores:
Miguel Borines,
Eduardo Rodríguez e
Andrés Giráldez.
Direción: Evaristo Calvo
Escenografía: Pablo “O Pastor”
Construción e vestiario de marionetas: Tanxarina títeres Vestiario actores: Carlos Alonso
Maquillaxe actores: Tanxarina títeres Deseño de cartel: Pablo “O Pastor”
.
